Levamos máis de dezasete edicións festexando as FBSP e este 2021 non ía ser menos, non poderemos facer moitas das cousas doutros anos, pero queremos que todo o barrio se vista de festa!
Con motivo da pandemia non é posible a recollida de doazóns polas casas do barrio, nin outras achegas presenciais. Aínda que a asociación conta cun peto destes anos, precisamos a colaboración telemática mediante un goteo de pequenas doazóns por parte da veciñanza.
As festas deste 2021 celébranse desde o xoves 24 ao domingo 27 de xuño. Este ano haberá actuacións en locais de entidades do barrio, pasarrúas, música, cine, romería e outras moitas sorpresas. Todas as actividades pensadas para garantir a saúde e protección de todes pero sen deixar de lado a festa.
Que vos parece, durante eses días lucir de festa? Que viva o Barrio de San Pedro !!
Descripción del proyecto. Características, fortalezas y diferenciales.
A pandemia fai imposible a recollida de doazóns polas casas do barrio como viña sendo habitual, tampouco podemos recibir outro tipo de achegas presenciais. Contamos cun pequeno peto aforrado durante estes anos pero, aínda así, precisamos a colaboración telemática mediante este goteo de pequenas colaboracións por parte da veciñanza e demais amigues aos que lles apeteza axudar.
Mediante o goteo axudaredes á Comisión de Festas do Barrio de San Pedro a financiar dúas das actividades que forman parte da programación do 2021: "Actuacións 4 x 4 " + "Sesión vermú radiada"
Motivación y a quién va dirigido el proyecto
Dirixido a toda a veciñanza, amigues, establecementos e todas aquelas persoas que teñen como referencia o barrio de San Pedro, que o ven como un lugar distinto onde celebrar unhas festas, facer barrio, apoiar a cultura ou o asociacionismo, entre outros.
Experiencia previa y equipo
A Asociación Cultural Barrio de San Pedro leva dezasete anos organizando as Festas e outras moitas actividades culturais. Ademais de estar formada por un equipo directivo de aproximadamente 15 persoas, contamos con máis de 100 voluntarias que colaboran todos os anos na organización das festas e outras actividades.
Ademais de organizar estas festas, realizamos actividades de dinamización cultural, reivindicativas e de lecer ao longo destes anos entre as que podemos destacar as Feiras da Primavera, a celebración dos Maios, o Festival San Pedro sen Paredes ou os Barrios con Luz Propia. Tamén cooperamos e dinamizamos con outros colectivos a Casa do Matadoiro, realizamos diversas actividades en colaboración coa Asociación Veciñal A Xuntanza como o Día do Barrio, as Cacharelas de San Xoán ou o Mercado do Caracol. Apoiamos o Mapa Emocional de San Pedro ou a campaña Somos Veciñanza, entre outras iniciativas.